AGESTIC

3.000 persoas formáronse no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia

Unhas 3.000 persoas formáronse nos últimos catro anos no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), dependente da Consellería de Traballo e Benestar. Desde a súa posta en marcha, unhas 900 persoas acadarán unha certificación profesional ou superarán algún dos exames para acadala, grazas a unha importante aposta nos últimos anos por ligar as actividades formativas á posibilidade de certificación. Así o salientou hoxe a directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz, nunha rolda de prensa na que expuxo o balance dos últimos catro anos do CNTG. Durante a presentación, concretou que a porcentaxe de cursos que permiten conseguir unha certificación oficial –a nivel mundial- aumentou do 55 por cento do total dos cursos no 2008/2009 a un 83 por cento no actual 2011/2012. Estas probas de certificación abranguen tecnoloxías e metodoloxías de fabricantes, organizacións ou institutos tan diversos como Oracle, Microsoft, Red Hat, LPI, Scrum, PMI, ITIL, Zend, Cisco, VMware, etc...

Fonte: IMITLer máis