AGESTIC

Máis de 700.000 galegos non teñen posibilidade de aceso á banda larga

Modernización publica un estudo sobre o estado da banda larga baseado no Mapa de Telecomunicacións de Galicia.

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica segue a preparar o Plan Director de Banda Larga de Galicia que comezará a executar a principios de ano, e co que prevé dar solución ás dificultades que existen na xeografía galega para acceder a Internet, e que o Mapa de Infraestruturas de Telecomunicacións pon de manifesto.

Este departamento da Xunta que dirixe Mar Pereira, vén de elaborar o Mapa de Infraestruturas de Telecomunicacións de Galicia, un “diagnóstico exhaustivo”, en palabras da secretaria xeral, do nivel actual de despregamento da banda larga na nosa comunidade, tendo en conta as infraestruturas dispoñibles, a cobertura e, tamén, facendo fincapé na demanda existente tanto por parte da poboación como por parte das empresas e organismos públicos.

...seguir lendo