AGESTIC

Aberto o prazo para participar no Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC

O Programa de Creación de Empresas da Universidade de Santiago de Compostela Uniemprende, convoca o XIV Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC, poñendo a disposición de todas as persoas interesadas formación gratuita para elaborar o plan de empresa durante o próximo mes de abril.

O obxecto do concurso, é impulsar a creación de empresas innovadoras promovidas por estudantes, licenciados e licenciadas ou investigadores e investigadoras, así como a innovación empresarial e a xeración de emprego.

O prazo de presentación comeza o 14 de marzo e remata o 30 de abril de 2014.

Os premios que se outorgarán, ao igual que na edición pasada, serán os seguintes:

BASE TECNOLÓXICA: 2.000 euros + ata 24.000 € de financiamento mediante préstamo participativo

EMPRESA XOVE: 2.000 euros

MULLER EMPRENDEDORA: 2.000 euros

A preinscrición farase de forma telemática cumprimentando o seguinte formulario.

Fonte: Uniemprende