AGESTIC

AGESTIC colabora con COGAMI nas Xornadas Técnicas Capacidade 2011

O presidente de AGESTIC intervirá mañá nunha das mesas redondas das Xornadas Técnicas Capacidade 2011 organizadas por COGAMI.

CAPACIDADE 2011, é o 4º Salón de Técnicas de Autonomia dependência e discapacidade que se celebrará os vindeiros 2 e 3 de decembro no Palácio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela, no que se darán cita multitude de profesionais das novas tecnoloxías aplicables á asistencia de persoas en situación de dependência e discapacidade, así como do campo xurídico e o benestar social.

A mesa redonda na que participará D. José Maria López Bourio que leva por título “Accesibilidade e novas tecnoloxías” é ás 12:30 e contará tamén con: Dona Mª Jesús Varela Méndez – Directora do Centro de Investigación, Desarrollo y Aplicación Tiflotécnica (CIDAT) ONCE; Don Rosendo M. Amor Fernández – Responsable de Proyectos de I+D+I Unidade de Innovación da Fundación Vodafone; e, D. Juan Gude Vila, Director del Centro de Fingoi –Lugo- de la Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI)

Resto do programa e inscricións