AGESTIC

AGESTIC colabora coa SXMIT na difusión do Esquema Nacional de Seguridade

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica promove a seguinte xornada de formación e debate que ten como obxectivo analizar a problemática derivada da entrada en vigor do Real Decreto 3/2010 do 8 de Xaneiro, polo que se aproba o Esquema Nacional de Seguridade, de obrigado cumprimento para as diferentes administracións públicas.

O Esquema Nacional de Seguridade establece as políticas de seguridade e protección de datos na utilización de medios electrónicos por parte das administracións públicas e os principios mínimos que estas deben cumprir para garantir unha adecuada protección da información que xestionan, sobre todo coa posta en marcha da administración electrónica.

A xornada está dirixida a: responsables políticos, persoal das áreas técnicas, organizativas e xurídicas de Concellos, Deputacións, Mancomunidades, Universidades, Portos, Fundacións, etc e lles permitirá familiarizarse coas novas normativas, as súas esixencias de cumprimento e as formas de responder a súa correcta aplicación.

Programa:

10:00 Recepción de asistentes e entrega documentación

10:30 Inauguración da Xornada Delegado/a Territorial ou Representante da Xunta de Galicia Representante da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

10:50 Importancia da Seguridade na Información nas Administracións Públicas Representante do INTECO

11:20 Obrigacións legais do ENS Representante do Bufete Garrigues

11.50 Pausa-Café

12:30 Requirimentos técnicos do ENS Milenka MacDowall, Consultora de Start Up S.L.

13.00 Charla-Coloquio Moderador, Jose María López Bourio, Presidente de AGESTIC Interveñen: Representante Xunta de Galicia/Deputación Provincial Representante Administración Local Empresa/s dedicada/s á Seguridade na Información Rogos e Preguntas

13.45 Clausura da xornada Representante da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica

Datas e lugares de celebración

  • 12 de abril en Santiago de Compostela Salón de Actos da EGAP (Polígono das Fontiñas, Rua Madrid, 2-4)
  • 15 de abril en A Coruña Salón de Actos da Delegación Territorial da Xunta en A Coruña (Praza Luis Seoane, s/n)
  • 25 de abril en Pontevedra Salón de Actos da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra (Rúa Fernández Ladreda, 43)
  • 26 de abril en Lugo Salón de Actos da Delegación Territorial da Xunta en Lugo (Ronda da Muralla, 70)
  • 28 de abril en Ourense Salón de Actos da Delegación Territorial da Xunta en Ourense (Avda. da Habana, 79)
  • 3 de maio en Vigo Salón de Actos da Delegación Territorial da Xunta en Vigo (Rúa Concepción Arenal, 8)

A Xornada ten carácter gratuíto, sendo o aforo limitado, polo que pregamos nos confirme a súa asistencia, indicando: nome, apelidos, cargo ou posto, administración á que pertence e lugar e data ao que acudirá, no seguinte enderezo de correo electrónico: oficina.econcellos@xunta.es ou ben chamando á Oficina e-Concellos: 981 957595