AGESTIC

Apoios para novos investimentos de emprendedores

Re-Emprende 2012. Proxectos impulsados por novos emprendedores. A través destas bases, o Igape apoiará con subvencións a fondo perdido aos emprendedores que impulsen proxectos con investimentos comprendidos entre 35.000 a 500.000€.

Poderán ser beneficiarios tanto sociedades mercantís como autónomos.

Para os proxectos que se implanten nos Municipios das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, Municipios da Costa da Morte, Municipios da provincia de Lugo e Municipios da provincia de Ourense, o criterio de localización puntúase co valor máximo e garántese unha axuda mínima do 25% dos custos subvencionables.

IG107 - Proxectos empresariais de novos emprendedores. Ficha resumo

Máis información 902 300 903