AGESTIC

Axudas para a contratación de profesionais especialistas en internacionalización.

Ata o 15 de maio estará aberto o prazo para presentar soliticitudes de acceso ás axudas habilitadas polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para facilitar ás empresas galegas a contratación de profesionais especialistas (xestores) en internacionalización. Estas axudas, cuxas bases e convocatoria aprobáronse mediante resolución do pasado 29 de febreiro (DOG nº 49 de 9 de marzo de 2012), están dirixidas ás empresas, pemes, non pemes, asociacións e outros colectivos como consellos reguladores, de calquera sector, cun proxecto de internacionalización. Toda a información: artigo elaborado por CEL, Fundación CEL e Rede de Técnicos de Emprego de Galicia