AGESTIC

Axudas para a mellora dos equipamentos das pemes do sector servizos

Obxectivo: Mellora dos equipamentos das pemes do sector servizos cun investimento subvencionable superior a 30.000 € e ata 200.000 €.

Tipo de apoio: Axuda a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.

Conceptos subvencionables:

a) Bens de equipamento de carácter tecnolóxico en xeral ligados directamente ao servizo prestado pola peme.

b) Equipamentos para proceso de datos.

c) Software ligado ao servizo prestado pola empresa, cos requisitos do artigo 4.1.b) do Decreto 432/2009, do 11 de decembro, non sendo subvencionable calquera software que apoie procesos internos da empresa (como o propio ERP da empresa)

d) Activos fixos destinados ao almacenaxe e loxística (andeis, sistemas de automatización, etiquetaxe e lectura de datos, elementos de transporte interior).

e) Mobiliario e elementos decorativos, limitados ao 20% do investimento subvencionable total.

Beneficiarios potenciais

1. As pemes que teñan radicado algún centro de actividade de carácter permanente na Comunidade Autónoma de Galicia

Sectores

a) A construción.

b) O comercio por xunto e o comercio polo miúdo: reparación de vehículos de motor e motocicletas (CNAE 09: grupos 45.1, 45.2 e 45.4)

c) O transporte e almacenamento.

d) Servizos hostaleiros de aloxamento.

e) Servizos de información e comunicacións.

f) Seguros, reaseguros e fondos de pensións excepto seguridade social obrigatoria, actividades financeiras auxiliares aos servizos financeiros e aos seguros.

g) Actividades inmobiliarias.

h) Actividades profesionais, científicas e técnicas.

i) Actividades administrativas e servizos auxiliares.

j) Educación.

k) Actividades sanitarias e de servizos sociais.

l) Actividades artísticas, recreativas e de entretenemento.

m) Outros servizos.

Requisitos principais do proxecto

a) Os proxectos subvencionables terán que acreditar a súa viabilidade técnica, económica, financeira e, se é o caso, medioambiental.

b) O beneficiario deberá achegar unha contribución financeira, exenta de calquera tipo de apoio público, de polo menos un 25% dos custos, xa sexa mediante os seus recursos propios ou mediante financiamento externo.

c) Os proxectos subvencionables non poderán ter comezado antes da presentación da solicitude no Igape. Un solicitante só poderá presentar unha solicitude por convocatoria. Para estes efectos, consideraranse como único solicitante as empresas pertencentes a un mesmo grupo empresarial ou vinculadas entre si.

Contía das axudas: Mínimo dun 15% e un máximo de axuda do 40% sobre os gastos subvencionables Prazo de presentación de solicitudes finaliza o 04/06/2012

Toda a información