Axudas ao sector transporte de mercadorías por estrada: "Solución de Xestión de Frotas",
Axudas en especie para a realización do proxecto demostrador denominado Comunidade Autónoma de Galicia, solución de xestión de frotas, sector transporte de mercadorías por estrada
Obxecto: As axudas en especie obxecto desta convocatoria consisten na posta a disposición dos autónomos e pemes beneficiarios, da «Solución de Xestión de Frotas», e comprenderán os medios técnicos, os equipos informáticos e o software necesario para a implantación da solución, así como o asesoramento e a asistencia correspondente para proceder á devandita implantación, tal e como se describen na base sexta da presente convocatoria.
Beneficiarios: Para poder concorrer ao procedemento de concesión das axudas en especie deste Proxecto Demostrador, os solicitantes deberán ser autónomos e pemes que cumpran, e acrediten mediante documentación correspondente, todos e cada un dos seguintes requisitos específicos:
- Dispoñer dun contrato de conexión a Internet de Banda Ancha, así como de dirección de correo electrónico, durante o período establecido no punto 2 da base novena.
- Ter un equipo de entre 0 e 49 empregados.
- Ter un volume de negocio anual ou un balance xeral anual que non exceda de 10 millóns de euros.
- Desenvolver a súa actividade principal no sector de Transporte de mercadorías por estrada (CNAE 2009: 4942: Servizos de mudanza; 4941: Transporte de mercadorías por estrada).
- Ter unha antigüidade mínima de dous (2) anos dende a súa constitución. O devandito prazo resulta imprescindible para medir obxectivamente a produtividade inicial consolidada da empresa e a produtividade final despois do Proxecto Demostrador.
- Non estar incurso en ningunha das prohibicións previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, Xeneral de Subvencións.
- Non se tratar dunha empresa de natureza pública ou con conxunto de accionistas da devandita natureza.
- Que o seu domicilio social estea establecido na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Que a empresa conte cunha frota de entre 4 e 30 vehículos de transporte por estrada de mercadorías da súa propiedade, cun peso máximo admitido superior a 3,5
Os solicitantes deberán achegar a correspondente certificación de estar ao corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 03/10/2011
Máis información - pdf- enlace externo a AGESTIC
Fonte: UPD Coordina Local

