AGESTIC

O Centro Multimedia de Galicia desenvolve un curso de edición dixital de audio

A edición de son está a experimentar unha grande transformación e apertura de cara aos usuarios coa chegada dos formatos dixitais, permitindo unha grande redución de custes en canto á adquisición de equipos e materiais de edición que, ata o de agora, precisaban dun desembolso e duns coñecementos cos que non todo o mundo podía contar.
Dado que a día de hoxe case é unha tecnoloxía accesible para calquera usuario, e calquera persoa pode realizar tarefas básicas de edición de audio cun acabado similar ao de calquera profesional coa simple adquisición dun ordenador básico e programas baseados en software libre, son moitas as persoas interesadas en mellorar os seus coñecementos neste campo.

...seguir lendo