AGESTIC

Curso de creación de empresas en Lugo

BIC Galicia organiza e imparte este Seminario de creación e valoración de proxectos empresariais na Fundación CEL de Lugo. As inscricións rematan o 21 de maio na Fundación Cel - Iniciativas Por Lugo - 982284150 - Ext 304 y 301.

O seminario, que ten unha duración de 35 horas, consta de sete sesións de formación e dúas sesións de apoio ao asesoramento de proxectos; realizarase unha sesión previa de entrevistas para a avaliación dos proxectos participantes.

Na entrevista de avaliación os promotores deberán presentar o seu borrador de proxecto, así como entregar unha copia (segundo o modelo facilitado pola entidade colaboradora) aos titores do seminario para a súa avaliación. Esta entrevista é obrigatoria para todos os proxectos que queiran asistir ao seminario.

Nas sete sesións formativas facilítase ao emprendedor a metodoloxía e ferramentas necesarias para o desenvolvemento dun plan de empresa (planificación empresarial). É por iso que o seminario en si é útil para aqueles emprendedores que teñan as ideas de negocio desenvolvidas cualitativamente (definido o negocio, clientes, mercado, organización, etcétera) e teñan un esbozo cuantitativo da idea (recursos necesarios, investimentos, prezos, etcétera). Como complemento a estas sesións realízanse dúas sesións de titoría personalizada por proxecto. Deste modo o promotor /emprendedor traballará no seu proxecto durante toda a acción formativa.

Obxectivos: Coñecer os conceptos básicos necesarios para a elaboración do Plan de Negocio. Deseñar e elaborar o Proxecto de Empresa. Contrastar a viabilidade económica financeira do proxecto empresarial. Apoiar a creación e posta en marcha de empresas nas zonas xeográficas onde se desenvolvan os seminarios.

Programa:

Sesión de entrevista previa 28/05/2012

Emprendedor y empresa 04/06/2012

El ámbito de actuación de la empresa 05/06/2012

Los procesos y la organización interna (I) 06/06/2012

Los procesos y la organización interna (II) 07/06/2012

Tutoría 1: Evaluación de la Memoria descriptiva del proyecto 13/06/2012

La viabilidad económica y financiera de la empresa (I) 19/06/2012

La viabilidad económica y financiera de la empresa (II) 20/06/2012

La viabilidad económica y financiera de la empresa (III) 21/06/2012

Tutoría 2: Evaluación del plan económico financiero 27/06/2012