AGESTIC

Curso de formación sobre a ferramenta de xestión NAVALPLAN

Aula de formación con alumnos

Navalplan é unha ferramenta de xestión en Software Libre para a mellora da xestión da produción nas empresas da industria auxiliar do sector naval galego, en especial no que se refire á planificación dos recursos. É froito dun proxecto desenvolvido pola Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia co apoio do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.

Como proxecto de Software Libre, NavalPlan é unha aplicación suxeita a ser adaptada por terceiros para modificar a súa funcionalidade, engadirlle novas características e evolucionala segundo necesidades concretas de clientes.

Hoxe en día están dispoñibles moitas ferramentas que permiten levar a cabo a planificación dos recursos, porén existen unha serie de problemas específicos no sector naval ós que as ferramentas existentes non dan plena resposta e que foron a base para o deseño e desenvolvemento de Navalplan.

NavalPlan permite, de forma adaptada ás empresas do sector naval:

•Planificar de xeito conxunto os proxectos da empresa
•Monitorizar a empresa realizando o seguimento do progreso, materiais e horas dedicadas en cada unha das tarefas
•Controlar os proxectos, os custos, os desvíos e a capacidade da empresa como apoio para a toma de decisións estratéxicas
•Organizar as tarefas e os recursos relacionados con eles
•Integrar cos ERP e entre empresas

Obxectivos do curso

Os principais obxectivos do curso son:

•Capacitar a empresas interesadas no coñecemento da ferramenta de planificación Navalplan tanto a nivel de usuario como de desenvolvedor.

•Entender o proceso de integración con terceiros e coñecer as API's de integración.

Asistentes

O curso está dirixido a persoal de empresas que proporcionan servizos relacionados coa xestión á industria auxiliar do naval ou queren facelo, e teñen interese en coñecer NavalPlan e ofrecer servizos ós seus clientes arredor del.

O número de asistentes ó curso será como máximo de 15.

Datas e Horario

O curso impartirase en xoves e venres, durante 6 sesións de 5 horas cada unha ó longo de tres semanas

Días:
9, 10, 16, 17, 23 e 24 de setembro

Horario:
de 16h. a 21h.

Lugar:
Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia
R/ Airas Nunes s/n (Conxo)
15702 Santiago de Compostela

Organizador

Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.

Inscricións

O curso é gratuíto previa inscrición no teléfono 981 957 865 antes do día 8 de setembro.

Programa

•Introdución a Navalplan

•Arquitectura de NavalPlan

•Desenvolvemento dun caso de uso sobre NavalPlan

•Integración con aplicacións externas

•Instalación e despregue de NavalPlan