Programa de fomento de iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E)
Finalidade:
Xerar emprego estable, especialmente de mozos e mulleres, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais promovidas por persoas desempregadas con especial atención aos concellos do rural galego, e as promovidas e/ou que xeren emprego para demandantes que esgotaron a prestación por desemprego.
Tipos de apoio:
- Subvención á xeración de emprego estable
- Subvención financeira
- Subvención para asistencia técnica
- Subvención para o inicio da actividade para o financiamento dos primeiros gastos da actividade.
- Subvención para a conciliación da vida profesional e persoal dos promotores.
- Incrementos dos incentivos.
Beneficiarios:
Empresas privadas calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, sociedades civís, comunidades de bens, sociedades cooperativas e sociedades laborais que cumpran as condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda e nas que concorran, na data de inicio da actividade, as seguintes circunstancias:
- que sexan empresas de nova creación
- que sexan viables técnica, económica e financeiramente
- que xeren emprego estable para persoas desempregadas
- que teñan o seu domicilio social e fiscal e o seu centro de traballo nun concello de Galicia • que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios promotores non figure ningunha persoa xurídica
- que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros e
- que como mínimo o 50 por cento do seu capital social sexa de titularidade de promotores desempregados que creen o seu propio posto de traballo na empresa.
O prazo xeral para a presentación de solicitudes finalizará o 30 de setembro de 2011. Non obstante deberán respectarse os prazos específicos establecidos para cada tipo de axuda:
- Subvención á xeración de emprego estable: 1 mes desde a data de alta na Seguridade Social.
- Subvención financeira: 1 mes desde o inicio da actividade.
- Subvención para asistencia técnica, subvención para o inicio da actividade e subvención para a conciliación da vida profesional e laboral dos promotores: no prazo xeral.
Máis información (ligazón externa a AGESTIC)
Fonte: IGAPE

