AGESTIC

As galegas TTT e IP Global desenvolverán unha plataforma de comunicación para o Clúster Español de Turismo de Saúde

TTT Social Center

A axencia dixital TTT Social Center, con sede en Lugo e dirixida por José María López Bourio, vén de acadar un importante contrato para o desenvolvemento (co seu socio tecnolóxico coruñés IP Global, con David Bello á fronte) dunha plataforma de click to call de alcance internacional e co obxectivo de dar servizo a milleiros de usuarios. O proxecto, que recaeu en TTT e IP Global de mans do Clúster Español de Turismo de Saúde, implicará dar atención, soporte telefónico e información a “turistas sanitarios” dunha ducia de países, entre os que se contan Arabia Saudita, Emiratos do Golfo, Rusia, Alemaña, Suecia, Reino Unido, Noruega ou Finlandia, países interesados todos eles en recibir asistencia médica privada e servizos turísticos complementarios en España...

Fonte: Código Cero Ler máis