AGESTIC

Igalia busca estudantes para unirse ao seu equipo de desenvolvedores

Igalia ofrece dúas vacantes para unirse ao seu equipo de desenvolvedores para realizar prácticas de verán ou cunha bolsa de colaboración para estudantes. A realización destas prácticas en Igalia está aberta a todos aqueles estudantes de titulacións en informática, ciencias da computación ou similares e que teñan máis do 50% dos créditos superados. Terán preferencia aqueles con coñecementos demostrables e compromiso co Software Libre. Requírese dominio de inglés escrito. No caso das prácticas de verán realizaranse un total de 350 horas, cunha contraprestación de 1.600€ e no caso da bolsa de colaboración definirase a duración da colaboración e a conseguinte contraprestación económica en función do interese e posibilidades da persoa seleccionada e do proxecto proposto, ofrecendo un máximo de 4.000€. A continuación recollemos as condicións, requisitos e instrucións de solicitude para ambos tipos de colaboración:

Fonte: Mancomu Ler máis