AGESTIC

IGAPE: INFO DAY Erasmus for Young Entrepreneurs

O Igape, a Universidade de Santiago de Compostela e Uninova, organizan un Info Day coa finalidade de dar a coñecer aos empresarios galegos o Programa Erasmus for Young Entrepreneurs da Comisión Europea, aproveitando a ocasión para informar sobre os apoios que actualmente ofrece o Igape no eido do Emprendemento.

O evento terá lugar o próximo 11 de outubro, no Salón de actos do Edificio Cersia, en Santiago. O Programa Erasmus for Young Entrepreneurs permite que empresarios de Pequenas e Medianas Empresas poidan acoller a un novo emprendedor doutro país da Unión Europea por un período de entre 1 e 6 meses de forma totalmente gratuíta.

Para poder participar simplemente hai que rexistrarse na páxina web do Programa. http://www.erasmus-entrepreneurs.eu/ Inscrición gratuita enviando un correo electrónico indicando o nome do participante, o seu cargo e a entidade á que pertence a: rosamaria.sanchez@usc.es Fonte: IGAPE