AGESTIC

Impulso á Unidade Galicia Emprende

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, participou hoxe nun encontro de traballo coa Federación Galega de Xoves Empresarios (Fegaxe) no que se asinou un protocolo de colaboración entre a propia Fegaxe e o Igape. "Esta sinatura supón un primeiro paso de cara á incorporación da Fegaxe como axente privado da Unidade Galicia Emprende, que ten por obxectivo poñer en marcha actividades orientadas ao asesoramento de emprendedores que precisan dese apoio nas etapas iniciais dos seus proxectos", explicou Conde. Deste xeito, mellorarase o rendemento dunha Unidade que, a través das sete oficinas coas que conta, resolveu nas súas primeiras semanas de vida máis de 200 consultas relacionadas con ideas e proxectos empresariais en diferentes fases de maduración.

Así, proseguiu o conselleiro, "o convenio permítenos traballar xuntos na promoción do emprendemento, en actividades de formación e asesoramento". Neste sentido, o acordo permitirá impartir polos menos 10 seminarios de formación básica para emprendedores que se desenvolverán por toda a xeografía galega, configurándose como actividades clave para que os mozos se decidan a crear un novo negocio. "De feito –incidiu Conde-, máis de 260 emprendedores tiveron xa a oportunidade de avaliar os seus proxectos con titores expertos durante os últimos tres meses a través de cursos como os que hoxe firmamos"...

Fonte: IGAPE Ler máis