AGESTIC

Informe: os autónomos TIC de Galicia 2013

Este estudo, publicado a principios de 2014, foi realizado polo Observatorio da Sociedade da información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) Marco estratéxico: Axenda Dixital 2014.gal da Xunta de Galicia

Trátase do primeiro estudo específico realizado en Galicia entre os autónomos/as TIC galegos.

O estudo permite comparar a situación dos autónomos/as TIC galegos co resto de formas societarias TIC e coa media global do indicadores das empresas do sector TIC.

Obxectivos:

  • Caracterización dos autónomos/as TIC galegos: actividade, provincia de ubicación, sexo do traballador/a,...
  • Analizar en detalle información cuantitativa dos autónomos/as TIC galegos relacionada coas seguintes cuestións: Conexión a Internet de calidade Optimización da xestión empresarial a través das TIC Web e presenza nas redes sociais Interacción coas AA.PP. a través de Internet Comercio electrónico Innovación Formación e percepción do mercado
  • Ser un punto de partida para avaliar e servir de elemento para a definición de iniciativas e actuacións focalizadas nos autónomos/as TIC.

Ler informe (pdf)