Javier Guerra anuncia que os novos empresarios innovadores poderán dispor de préstamos participativos públicos para financiar os seus proxectos
Os novos empresarios innovadores poderán dispor de préstamos participativos públicos como apoio para o financiamento dos seus proxectos a través do novo fondo Xes-Innova Xove, segundo adiantou hoxe o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, durante a súa intervención na sesión plenaria do Día do Emprendedor de Galicia, que promoveu o seu departamento e que organizaron o Igape e BIC Galicia. Para participar neste evento, que se desenvolve hoxe en Santiago, inscribíronse 2.164 persoas, o que bateu todos records, superando con amplitude as cifras de edicións anteriores ...
Fonte: Xunta de Galicia Ler máis da nova "Javier Guerra anuncia que os novos empresarios innovadores poderán dispor de préstamos participativos públicos para financiar os seus proxectos", ligazón externa a AGESTIC

