Á luz o anuario Lugo en cifras 2009
Esta semana, o director comercial de Caixanova en Galicia, Gabriel González Eiroa, e o presidente da Fundación CEL, Luis García Santalla, presentaron publicamente a quinta edición do anuario estadístico Lugo en cifras, que elaboran ambas as dúas entidades, co apoio da Consellería de Traballo e Benestar. Na edición impresa, pechada a 16 de marzo do 2010, podedes encontrar información de carácter socioeconómico da provincia: sobre a creación de empresas, a agricultura ecolóxica, os expedientes de regulación de emprego, o comercio exterior, a gandería, a poboación e un longo etcétera. Estas cifras están actualizadas na súa versión dixital, a web www.lugoencifras.es -ligazón externa a AGESTIC-, onde podedes descargar o libro en formato PDF.
Fonte: Fundación CEL

