O 70% dos enxeñeiros informáticos galegos atopan ao seu primeiro emprego nos tres meses posteriores ao remate da carreria
A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica presentou hoxe un estudo sobre a situación laboral das Enxeñarías en Informática de Galicia.
O 94,8% das persoas tituladas en Enxeñaría Informática e o 86,2% en Enxeñaría Técnica en Informática están traballando.
A práctica totalidade dos profesionais empregados por conta allea, fano en xornada laboral a tempo completo e preferentemente nunha empresa do sector privado pertencente ao sector TIC.
Os homes son maioría nas dúas carreiras cunha porcentaxe do 72,3% en Enxeñaría e Informática e do 67,3% Enxeñaría Técnica Informática.
Un 40% dos titulados nas Enxeñarías en Informática de Galicia teñen unha percepción boa ou moi boa da súa situación profesional actual e unha de cada tres considera que esta mellorará nun futuro próximo.
Fonte: Xunta de Galicia Ler máis da nova "O 70% dos enxeñeiros informáticos galegos atopan ao seu primeiro emprego nos tres meses posteriores ao remate da carreria", ligazón externa a AGESTIC

