O programa "TIC TAC Galicia" mellorará o acceso á sociedade de información de persoas con discapacidade
Esta iniciativa desenvolverase grazas a un convenio asinado entre a Xunta e o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio que contempla un investimento de 820.000 euros.
A actuación consiste na dotación de equipos e dispositivos tecnolóxicos que permitan o acceso das persoas con discapacidade ás novas tecnoloxías.
Os equipos informáticos instalaranse en 149 centros públicos de acceso a Internet, centros adheridos ao Plan de Alfabetización Dixital, bibliotecas públicas e hospitais, entre outros ...

