AGESTIC

Os informáticos reclaman que se equipare aos titulados pre-Bolonia ao marco de cualificacións de educación superior

marcos mata

Os Consellos Xerais de Enxeñaría e Enxeñaría Técnica en Informática veñen de facer unha nova reclamación de tipo formativo dirixida a favorecer, unha vez máis, que dende os organismos e institucións académicas e dende as institucións públicas estatais se lles dea ás ditas enxeñarías TIC o mesmo trato cás restantes enxeñarías. Esta petición foi achegada polo CCII e o CONCITI (o Consello Xeral de Enxeñaría Técnica en Informática que dirixe o galego Marcos Mata, tamén presidente do CPETIG) ao responsábel da Secretaría Xeral de Universidades, e consiste basicamente en lograr que o Ministerio de Educación equipare os antigos titulados pre-Bolonia ao Marco Español de Cualificacións da Educación Superior (MECES)...

Fonte: Código Cero Ler máis