AGESTIC

I Edición dos Premios INCUVI-Emprende.

O obxecto desta edición é promover e premiar a elaboración dunha idea de negocio creativa que poderá basearse en calquera das ramas do coñecemento contidas nos plans de estudo da Universidade Vigo.

Está destinado a estudantes da Universidade de Vigo ou titulados na mesma no curso 2008/09 ou posteriores.

Concederanse 6 premios, consistentes nunha subvención dos costes da estadía por un período máximo dun ano nun dos espazos da preincubadora INCUVI. A estancia suporá a dispoñibilidade dunha oficina de 15 metros cuadrados, acondicionada con mobeis de oficina e aire acondicionado individual, así como o servizo gratuito de electricidade, limpeza e ADSL

O prazo de presentación de instancias remata o 1 de decembro de 2011.

Máis información: Vicerreitoría de Transferencia de Coñecemento Edificio Xerencia Campus de Vigo 36310 Vigo España Tel. 986 818 710 Fax 986 813 919 www.uvigo.es transferencia@uvigo.es