AGESTIC

Programa IGAPE-EOI de internacionalización de PEMES galegas

internacionalización

O IGAPE , en colaboración coa Fundación EOI e a cofinanciación do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, está a organizar un novo servizo de consultaría en internacionalización empresarial, dirixido a PEMES radicadas en Galicia ou que teñan algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

As accións a desenvolver no programa serán:

• Accións de sensibilización e información

• Encontros empresarias de identificación de oportunidades de negocio: Talleres sector/país nos que se fomentará a interrelación dos participantes.

• Consultaría para a internacionalización. Plans para grupos de exportación (iniciación/expansión) e plans individuais (expansión/consolidación).

• Accións de consultaría para a creación de grupos de exportación. Plan de constitución do grupo.

Para formar parte do programa é imprescindible contar cun diagnóstico positivo do seu potencial de internacionalización realizado, de xeito gratuíto, a través do Igape.

As empresas interesadas neste servizo deben inscribirse en: www.xornadas.igape.es a efectos de avaliar a demanda e enviarlles información adicional cando se abra a convocatoria.