Faise público o programa da segunda edición de Compostweets
Tras o éxito de asistencia da súa primeira edición, o Encontro Anual de Social Media en Galicia Compostweets trasladarase ao salón de actos do Centro de Novas Tecnoloxía de Galicia (CNTG) o vindeiro 25 de febreiro, local con aforo para 225 persoas que acollera un evento dirixido a profesionais e entusiastas das redes sociais que queiran xuntarse fisicamente para intercambiar comentarios, compartir coñecementos e, como din moitos habituais deste tipo de actos, facer networking e desvirtualizar. Para cumprir estes obxectivos Compostweets 2012 contará coa presenza de figuras recoñecidas no contorno 2.0 coma o profesor José Luis Orihuela, a publicista Raquel Lemos, blogueiros como Javier Pedreira Wicho e David Serantes ou consultores de social media como Francesc Pumarola e Javier Rocamora, que repartirán as súas intervencións seguindo o programa que veñen de facer público dende a organización deste evento coordinado por Alfonso Freire:
Fonte: Código Cero Ler máis da nova "Faise público o programa da segunda edición de Compostweets", enlace externo a AGESTIC

