Programación formativa CNTG 2012/2013. Apertura prazos de inscrición
Xa está publicada a oferta formativa do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, http://cntg.xunta.es (enlace externo a AGESTIC), correspondente á programación 2012/2013 e aberto o prazo de inscrición para aqueles cursos do CNTG a celebrar no cuarto trimestre de 2012.
A inscrición deberá realizarse en liña a través do portal web do Centro de Novas Tecnoloxías, https://cntg.xunta.es/web/cnt/formacion (enlace externo a AGESTIC)
A primeira acción formativa programada polo CNTG, “Seguridade en redes IPv6”, comezará o día 24 de setembro e manterá aberto o seu prazo de inscrición dende o 16 de agosto ata o 10 de setembro. Salientar que a asistencia a este curso non será computada aos efectos de aplicación do apartado cuarto, universalización de acceso, dos criterios de selección para admisión a cursos.
Pode consultar un resumo da oferta formativa correspondente á programación 2012/2013 accedendo https://cntg.xunta.es/pdf/ProgrFormTrim12_13v1g.pdf (enlace externo a AGESTIC) Asimesmo pode consulta os criterios de selección e a documentación a presentar accedendo aos seguintes enlaces: https://cntg.xunta.es/pdf/20120808CriteriosSeleccionG.pdf (enlace externo a AGESTIC) e https://cntg.xunta.es/pdf/DocProbasSeleccion_v3G.pdf (enlace externo a AGESTIC)

