AGESTIC

Proxecto "Difundetic PEMES"

Proxecto promovido por: AGESTIC

Proxecto cofinanciado por: XUNTA DE GALICIA (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica) MITYC-PLAN AVANZA. Convocatoria : DOG 30 de xuño de 2010. Concesión : DOG 19 novembro 2010. Procedemento: PR521A-2010-14474. Crédito orzamentario 2010: 1.000.000 € (Aplicación 04.70.571A.781.0). Achegas a institucións sen fins de lucro para proxectos da Sociedade da Información. Contía: 23.771,19 €

Descrición: AGESTIC desplazou, ata 20 parques empresariais e polígonos industriais, un Servizo Móbil de Demostración Tecnolóxica no que tiveron lugar unha serie de actuacións de difusión TIC que permitiron, a pequenos grupos de empresarios e ao seu persoal técnico de cada vez, obter un coñecemento claro das posibilidades que teñen de xestionar a súa empresa coas novas tecnoloxías.

Desta maneira tratouse de que os participantes adquirisen uns coñecementos básicos do que é o DNI electrónico, a Factura electrónica e a Firma Dixital, para que serven na súa xestión empresarial e, en consecuencia, coma poden rendibilizar un proceso de cambio nas súas tarefas diarias. No Servizo Móbil de Demostración Tecnolóxica un técnico consultor cualificado en novas tecnoloxías encargouse de informar, orientar, expoñer e asesorar sobre as posibilidades de xestión da súa empresa aos distintos empresarios e técnicos das pemes e micropemes, de forma totalmente persoalizada en pequenos grupos.

AGESTIC levou a cabo unha importante campaña de difusión de ditas actuacións, nos lugares seleccionados, co obxecto de atraer o interés polo proxecto das empresas alí establecidas, a base de colaboración coas Asociacións de Empresarios do Parque, e de envío de correos electrónicos de convocatoria e invitacións, de telemarketing, para garantir unha asistencia importante

VER e descartar, manual guía "Difundetic PEMES: DNI electrónico, factura electrónica e firma dixital"

LICENCIA: Reconocimiento - NoComercial - SinObraDerivada (by-nc-nd): No se permite un uso comercial de la obra original ni la generación de obras derivadas. (Más información)

Promovido por:

Proxecto cofinanciado por: