AGESTIC

Proxecto LinkToStart

O vindeiro día 22 de marzo a Fundación Inlea presentará, no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, o proxecto LinkToStart, proxecto encamiñado a dar apoio práctico e especializado aos emprendedores que desexen desenvolver o seu plano de empresa, con acceso a financiamento e preparación durante o primeiro ano de vida para conseguir a súa propia autonomía.

A Xunta de Galicia apoia o proxecto, no ámbito da nosa comunidade, mediante a difusión do mesmo, a cesión das instalacións do cntg da Consellería de Traballo e Benestar para a presentación da iniciativa e o apoio loxístico necesario para dar pulo a esta proposta que conta co soporte de Cisco e o aval de La Caixa. O proxecto priorizará a aquelas persoas que cursen ou cursaran algunha acción fomativa no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, estean vencelladas a unha Cisco Networking Academy e, en xeral, emprendedores que desenvolvan novas ideas de negocio e fomenten o autoemprego.

As vantaxes do proxecto inclúen a asesoría dun equipo humano de emprendedores, expertos en novas tecnoloxías e micro financiamento,  coñecedores da problemática de por en marcha unha idea de negocio, unha metodoloxía que permite detectar os puntos débiles do proxecto, axudas económicas e uso das tecnoloxías.

Para máis información e/ou inscrición no proxecto acceda á páxina web de LinkToStart