AGESTIC

Seminario técnico sobre auditoría de seguridade

Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia da Consellería de Traballo e Benestar, o martes 29 de maio a partir das 9:30 horas, terá lugar nas instalacións do centro un seminario técnico sobre auditoría de seguridade.

O obxectivo da xornada é avanzar nos contidos propios dunha auditoría de seguridade para, partindo dunha definición de conceptos (Hacker, cracker, white/black/grey hat, XSS, inxeccións SQL, man in the middle, ip spoofing etc ..), efectuar unha análise e interpretación de en que consiste unha auditoría deste tipo (OSSTMM), estudar as técnicas e medios utilizados na recopilación de información corporativa en Internet e, finalmente, coñecer e revisar as distintas ferramentas de verificación da seguridade existentes: TCP scanners, web scanners, password crackers, login crackers, generic scanners, sniffers etc..

O relator da xornada será Kenneth Peiruza, consultor IT, formador GNU/Linux e colaborador habitual, como docente, do CNTG. Posúe ampla experiencia en labores de implantación, administración e securización de sistemas informáticos para empresas, tendo exercido ao longo dos seus máis de dez anos de traxectoria profesional como xefe de proxectos de auditoría de seguridade para entidades do sector da banca, seguros, partidos políticos etc..

O acceso, previa inscrición a realizar en liña a través do portal web do CNTG , é de balde e condicionado ao aforo del local.

Para obter un certificado de asistencia ao acto será obrigatoria a previa inscrición no mesmo.

Os certificados deberán ser solicitados o mesmo día de celebración do evento na xefatura de estudos do CNTG.

O prazo de inscrición estará aberto do 27 de abril ata o 28 de maio.