AGESTIC

Subvencións para o apoio ao crecemento empresarial mediante o fomento da investigación e a innovación empresarial

Obxecto: Esta orde ten por obxecto aprobar as bases, incluídas nos anexos indicados neste artigo, polas que se rexerá a concesión das subvencións da Consellería de Economía e Industria para as seguintes finalidades, códigos de procedemento e anexos das bases:

  • Apoio ao desenvolvemento de plataformas tecnolóxicas. IN841A. Anexo I.
  • Apoio á preparación de propostas de proxectos que se vaian presentar a convocatorias estatais e internacionais. IN841B. Anexo II.
  • Apoio ao financiamento de proxectos individuais e os colaborativos de innovación tecnolóxica (proxectos CIT). IN841C. Anexo III.

Beneficiarios: Poderán ser beneficiarios destas subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos na convocatoria e nestas bases, as empresas de carácter privado con personalidade xurídica que estean validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes e que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, onde desenvolverán os proxectos para os cales se solicita a axuda. Este réxime de axudas non poderá aplicarse a empresas activas nos sectores da pesca e da agricultura; a axudas á exportación nin a axudas que favorezan os produtos nacionais fronte aos produtos importados; a empresas activas na produción agrícola primaria; a empresas especializadas na transformación e comercialización de produtos agrícolas se o importe da axuda se establece en función do prezo ou da cantidade de produtos dese tipo comprados polos produtores primarios ou comercializados polas empresas afectadas, ou se a concesión da axuda se supedita á obriga de cedela total ou parcialmente a produtores primarios.

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 29 de agosto

Máis información -pdf-