AGESTIC

Unha «startup» de orixe galega lidera o «software» musical

inqbarna

Chámase InQBarna, é unha empresa tecnolóxica que desenvolve software e aplicacións multimedia e ten a súa sede en Pau Alto. Pero non na cidade californiana, senón na fundación privada do mesmo nome situada no Poblenou, un barrio da Cidade Condal, onde conviven quince estudos creativos. O lucense Nacho Sánchez fundou a compañía no 2009 xunto a outros cinco emprendedores e agora especializáronse no que eles mesmos denominan Social Music Apps. « Trátase de potenciar o carácter social das aplicacións ao redor da música, xa que a música é algo que nos define e que nos gusta compartir, permitíndonos descubrir o que os nosos amigos están a escoitar», explica Sánchez... Fonte: La Voz de Galicia Ler máis