Xestión internacional da empresa. Cursos Igape-Escuela de Organización Industrial
Dirixidos a empresarios ou persoal técnico de pemes galegas que teñan a intención de saír a mercados exteriores ou consolidar o seu actual proceso de internacionalización.
Obxectivo: Formar a responsables de pemes en materia de internacionalización e en áreas de competitividade nun mercado global mediante un programa de formación especializado e coa titorización de expertos na materia.
Método de traballo: A metodología deste programa combina formación on line con sesións e titorías presenciais.
O programa inclúe a elaboración dun plan de internacionalización propio da empresa participante. Servizos adicionais post-formación: acceso a Redepyme, pemes en rede, dirixida a pemes e emprendedores co obxecto de apoiar de forma activa a consolidación e creación de empresas en todos os sectores económicos e favorecer a capacidade das pemes españolas para adaptarse ao entorno, a través de formación, asesoramiento, foros e puntos de encontro.
Duración do curso, 6 meses, a partir do cuarto trimestre de 2012.
A matrícula é gratuíta, por estar cofinanciada polo Fondo Social Europeo, Ministerio de Industria, Energia e Turismo e o Igape.
Prazas limitadas.Solicitudes ata o próximo 3 de agosto.
Convocatoria e Inscrición aquí (enlace externo a AGESTIC)
Información adicional 902 300 903

