AGESTIC

Xornada sobre creación e financiamento de proxectos empresariais innovadores en Galicia e Norte de Portugal

O vindeiro martes, 15 de maio, celebrarase en Santiago de Compostela esta Xornada organizada porlo Instituto Galego de Promoción Económica (Conselleria de Economía e Industria da Xunta de Galicia) a través de BIC GALICIA e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP-AECT) co obxectivo de dar a coñecer os programas de detección de emprendedores e proxectos innovadores en Galicia e Norte de Portugal así como as alternativas de financiamento existentes para sair ó mercado.

Ademáis, durante esta Xornada empresas galegas e portuguesas participadas por Business Angels ou Capital Risco contarán a sua experiencia.

Lugar: MUSEO PEDAGÓXICO DE GALICIA (MUPEGA). San Lázaro, 107, Santiago de Compostela.

Data: Martes 15 de maio 2012. De 10:00 h a 14.00 h

Xornada gratuita. Programa e inscrición (imprescindible)