Xornada de difusión do Esquema Nacional de Seguridade en A Coruña

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica promove a seguinte xornada de formación e debate que ten como obxectivo analizar a problemática derivada da entrada en vigor do Real Decreto 3/2010 do 8 de Xaneiro, polo que se aproba o Esquema Nacional de Seguridade, de obrigado cumprimento para as diferentes administracións públicas.
O Esquema Nacional de Seguridade establece as políticas de seguridade e protección de datos na utilización de medios electrónicos por parte das administracións públicas e os principios mínimos que estas deben cumprir para garantir unha adecuada protección da información que xestionan, sobre todo coa posta en marcha da administración electrónica.
A xornada está dirixida a: responsables políticos, persoal das áreas técnicas, organizativas e xurídicas de Concellos, Deputacións, Mancomunidades, Universidades, Portos, Fundacións, etc e lles permitirá familiarizarse coas novas normativas, as súas esixencias de cumprimento e as formas de responder a súa correcta aplicación.
Data e Lugar: 15 de abril no Salón de Actos da Delegación Territorial da Xunta na Coruña (Praza Luis Seoane, s/n)
Programa:
10:00 Recepción de asistentes e entrega documentación
10:30 Inauguración da Xornada
Dª Ana Casas González, Secretaria Territorial da Delegación Territorial da Xunta de Galicia na Coruña
D. Jaime Barros Leboreiro. Subdirector Xeral de Calidade, Interoperabilidade e Seguridade da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Presidencia da Xunta de Galicia
10:50 Importancia da Seguridade na Información nas Administracións Públicas
D. Félix Barrio Juárez. Representante do INTECO
11:20 Obrigacións legais do ENS
D. Alejandro Padín Vidal. Asociado do Bufete Garrigues
11.50 Pausa-Café
12:30 Requirimentos técnicos do ENS Milenka MacDowall, Consultora de Start Up S.L.
13.00 Charla-Coloquio
Moderador: D. Enrique Rodríguez Docampo. Representante de AGESTIC
Interveñen:
D. Pablo Ramos González. Xefe de Sección de Informática Corporativa, Deputación da Coruña
D. Ramón Álvarez Veiras. Representante do Concello da Coruña.
Dª. Cristina Nebot López. Abogada de Nebot Consultora Legal
D. Ramón Basadre Ríos. Xerente de Conecta Comunicaciones y Medios
Rogos e Preguntas
13.45 Clausura da xornada
D. Jaime Barros Leboreiro. Subdirector Xeral de Calidade, Interoperabilidade e Seguridade da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica
A Xornada ten carácter gratuíto, sendo o aforo limitado, polo que pregamos nos confirme a súa asistencia, indicando: nome, apelidos, cargo ou posto, administración á que pertence e lugar e data ao que acudirá, no seguinte enderezo de correo electrónico: oficina.econcellos@xunta.es ou ben chamando á Oficina e-Concellos: 981 957595