Xornada de difusión do Esquema Nacional de Seguridade en Pontevedra

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica promove a seguinte xornada de formación e debate que ten como obxectivo analizar a problemática derivada da entrada en vigor do Real Decreto 3/2010 do 8 de Xaneiro, polo que se aproba o Esquema Nacional de Seguridade, de obrigado cumprimento para as diferentes administracións públicas.
O Esquema Nacional de Seguridade establece as políticas de seguridade e protección de datos na utilización de medios electrónicos por parte das administracións públicas e os principios mínimos que estas deben cumprir para garantir unha adecuada protección da información que xestionan, sobre todo coa posta en marcha da administración electrónica.
A xornada está dirixida a: responsables políticos, persoal das áreas técnicas, organizativas e xurídicas de Concellos, Deputacións, Mancomunidades, Universidades, Portos, Fundacións, etc e lles permitirá familiarizarse coas novas normativas, as súas esixencias de cumprimento e as formas de responder a súa correcta aplicación.
Data e Lugar: 25 de abril no Salón de Actos da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra (Rúa Fernández Ladreda, 43)
Programa:
10:00 Recepción de asistentes e entrega documentación
10:30 Inauguración da Xornada
D José Manuel Cores Tourís, Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra D. Jaime Barros Leboreiro. Subdirector Xeral de Calidade, Interoperabilidade e Seguridade da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Presidencia da Xunta de Galicia
10:50 Importancia da Seguridade na Información nas Administracións Públicas
D. Luis Hidalgo Gutiérrez. Representante do INTECO
11:20 Obrigacións legais do ENS
D. Alejandro Padín Vidal. Departamento de Dereito Procesal do Bufete Garrigues
11.50 Pausa-Café
12:30 Requirimentos técnicos do ENS
Milenka MacDowall, Consultora de Start Up S.L.
13.00 Charla-Coloquio
Moderador: José María López Bourio, Presidente de AGESTIC
Interveñen:
D. Francisco Javier Couñago Magariños, Coordinador de Sistemas e Telecomunicacións do Servizo de Novas Tecnoloxías da Deputación de Pontevedra
D. Juan Gabriel Fernández García de la Rocha, Coordinador de Desarrollo e Web do Servizo de Novas Tecnoloxías da Deputación de Pontevedra
Dª Cristina Nebot López, Abogada de Nebot Consultora Legal
D. Ramón Basadre Ríos, Xerente de Conecta Comunicaciones y Medios, S.L. Rogos e Preguntas
13.45 Clausura da xornada
D. Jaime Barros Leboreiro. Subdirector Xeral de Calidade, Interoperabilidade e Seguridade da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica
A Xornada ten carácter gratuíto, sendo o aforo limitado, polo que pregamos nos confirme a súa asistencia, indicando: nome, apelidos, cargo ou posto, administración á que pertence e lugar e data ao que acudirá, no seguinte enderezo de correo electrónico: oficina.econcellos@xunta.es ou ben chamando á Oficina e-Concellos: 981 957595