AGESTIC

Xornada de difusión do Esquema Nacional de Seguridade en Ourense

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica promove a seguinte xornada de formación e debate que ten como obxectivo analizar a problemática derivada da entrada en vigor do Real Decreto 3/2010 do 8 de Xaneiro, polo que se aproba o Esquema Nacional de Seguridade, de obrigado cumprimento para as diferentes administracións públicas.

O Esquema Nacional de Seguridade establece as políticas de seguridade e protección de datos na utilización de medios electrónicos por parte das administracións públicas e os principios mínimos que estas deben cumprir para garantir unha adecuada protección da información que xestionan, sobre todo coa posta en marcha da administración electrónica.

A xornada está dirixida a: responsables políticos, persoal das áreas técnicas, organizativas e xurídicas de Concellos, Deputacións, Mancomunidades, Universidades, Portos, Fundacións, etc e lles permitirá familiarizarse coas novas normativas, as súas esixencias de cumprimento e as formas de responder a súa correcta aplicación.

Data e Lugar: 28 de abril no Salón de Actos da Delegación Territorial da Xunta en Ourense (Avda. da Habana, 79)

Programa:

10:00 Recepción de asistentes e entrega documentación

10:30 Inauguración da Xornada

D. Rogelio Martínez González. Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Ourense

D. Jaime Barros Leboreiro. Subdirector Xeral de Calidade, Interoperabilidade e Seguridade da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Presidencia da Xunta de Galicia

10:50 Importancia da Seguridade na Información nas Administracións Públicas

D. Pedro Pablo López Bernal. Xerente de Seguridade, Privacidade e Continuidade Global de Rural Servicios Informáticos

11:20 Obrigacións legais do ENS

D. Alejandro Padín Vidal. Departamento de Dereito Procesal do Bufete Garrigues

11.50 Pausa-Café

12:30 Requirimentos técnicos do ENS Milenka MacDowall, Consultora de Start Up S.L.

13.00 Charla-Coloquio

Moderador: D. José María López Bourio. Presidente de AGESTIC

Interveñen:

D. Marcos Valiño. Xefe de Informática da Deputación de Ourense

D. Jorge Villar Álvarez. Xefe de Servizo de Sistemas de Información do Concello de Ourense

D. Ramón Basadre Ríos. Xerente de Conecta Comunicaciones y Medios S.L.

D. Alejandro Escobar Díaz. Consejero Delegado y Gerente de Aitire S.L.

Rogos e Preguntas

13.45 Clausura da xornada D. Jaime Barros Leboreiro. Subdirector Xeral de Calidade, Interoperabilidade e Seguridade da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica

A Xornada ten carácter gratuíto, sendo o aforo limitado, polo que pregamos nos confirme a súa asistencia, indicando: nome, apelidos, cargo ou posto, administración á que pertence e lugar e data ao que acudirá, no seguinte enderezo de correo electrónico: oficina.econcellos@xunta.es ou ben chamando á Oficina e-Concellos: 981 957595