AGESTIC

Xornada de Tecnoloxía Social

Solucións Tecnolóxicas Innovadoras aos problemas de Accesibilidade e integración das persoas con diversidade funcional. Presentación en Galicia da Fundación Tecnología Social (FTS).

Xornada de Tecnoloxía Social - 1 de xullo de 2009- CNTG

ORGANIZADA POR: Asociación Galega de Empresas de Tecnoloxías (AGESTIC).

COA COLABORACIÓN DE: Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia. Consellería de Traballo e Benestar Xunta de Galicia. Fundación Tecnología Social. Indomótika.

DATA E LUGAR: Mércores, 1 de Xullo de 2009 de 11:45 a 14:00 horas. Centro de Novas Tecnoloxías de Galícia (CNTG). Santiago de Compostela, Rua de Airas Nunes S/N

OBXECTIVO DA XORNADA: A mellora da accesibilidade tecnolóxica e usabilidade do ámbito e da comunicación para todas as persoas em xeral, contemplando as particulares necesidades daquelas con diversidade funcional, maior idade ou situación/risco de marxinación social.

DIRIXIDA A: Organizacións de discapacitados, fundacións, asociacións, entidades e empresas tecnolóxicas. administracións públicas e Organizacións Non Gubernamentais (ONG), que traballen pola accesibilidade en todos os campos e teñan interesse en afondar nas cuestións tecnolóxicas que melloren a accesibilidade e as condicións de vida das persoas con diversidade funcional.

PROGRAMA:

11:45 horas: Acreditacións.

12:00 horas: Inauguración.

Alfonso Blasco García. Director do Centro de Novas Tecnoloxías de Galícia (CNTG).
José María López Bourio. Presidente da Asociación Galega de Empresas de Tecnoloxías (AGESTIC)
Ana María Diaz López. Directora Xeral de Formación e Colocación Xunta de Galicia.

12:15 horas: Presentación da Fundación Tecnología Social (FTS) en Galicia.

Enrique Varela Couceiro. Presidente.
Intervención: “Tecnoloxías para o home perfecto”.

12:45 horas: Presentación Spin-off TENYUS Socialware.

“Unha empresa tecnológica para axudar a superar problemas de accesibilidade”

13:15 horas: Solucións domóticas accesibles.

José María Núñez Ortuño. Indomótika.

13:45 horas: Clausura.

José María López Bourio. Presidente da Asociación Galega de Empresas de Tecnoloxías (AGESTIC)
Susana López Abella. Secretaria Xeral de Benestar e Familia Xunta de Galicia.

INSCRICIÓN: Asistencia libre previa inscrición. Envía o boletín de inscrición que poderás atopar a continuación, a tecnicos@agestic.org ou ao fax 982 873 903.

BOLETÍN DE INSCRICIÓN: Pode descargar o boletín de inscrición en formato pdf ou .doc. (aforo completo)

Datos de interese de Enrique Varela Couceiro, presidente de FTS:

“Considerar a tecnoloxía como unha ferramenta ao servizo da sociedade e poñer todo o empeño en que esta ferramenta sexa doada de usar, aberta, sinxela e universal, cun deseño que cubra as necesidades de todos e que non exclua a ninguén, é o nosso obxectivo prioritário”. Enrique Varela.

Presidente da Fundación Tecnología Social, www.fts.org, director de proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación da Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE), tecnólogo e investigador. Organizador do primeiro encontro de Responsabilidade Social Tecnolóxica (RST 09). Mais información no seu blog: varelalia.blogspot.com