AGESTIC

Xornadas Galicia-Israle para a cooperación e a transferencia de coñecemento

14 DE ABRIL DE 2010. SANTIAGO DE COMPOSTELA, Hotel Puerta del Camino

O próximo 14 de Abril celebrarase no Hotel Puerta del Camino de Santiago de Compostela a “Xornada Galicia Israel para a cooperación e a transferencia de coñecemento”, organizada polo Igape coa participación de entidades e empresas  israelís que destacan polo seu nivel tecnolóxico e de innovación.  O desenvolvemento da mesma incluirá unha presentación xeral de Israel, entre as 9 e as 12:30 horas, e 4 paneis simultáneos con expertos (entre 12:30 e 14 horas) nas materias de:

Tecnoloxías limpas: Enerxías renovables, tecnoloxía da auga e control medioambiental.

Sector TIC: (Tecnoloxías da Información e as Comunicacións.

Tecnoloxía Agrícola.

Biotecnoloxía.

Os paneis pretenden crear espazos interactivos a través de audiencias especificas con potencial de colaboración e intercambio empresarial. O Igape ofrecerá ás empresas interesadas que o soliciten previamente, a posibilidade de entrevistas individuais cos relatores e expertos.  Estes encontros bilaterais desenvolveranse entre as 16 e as 18 horas.

Máis información e inscrición Fonte: IGAPE