AGESTIC

Xunta e USC crean un programa de formación en internacionalización para pemes

A Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela veñen de poñer en marcha INPEMES, un Programa de Formación en Internacionalización de Pequenas e Medianas Empresas que ten como fin formar expertos que posibiliten un maior desenvolvemento económico de Galicia. Este programa trata de proporcionar unha formación ampla en materia de internacionalización de empresas e comercio exterior; dar unha instrución práctica e rigorosa sobre as técnicas e procedementos inherentes á comercialización de produtos galegos no exterior, e á xestión de operacións internacionais; e ofrecer a posibilidade de especializarse nalgunha das principais áreas de actividade internacional das empresas: comercialización, transporte, aduanas e contratación e medios de pagamento internacional...

Fonte: Emprendia Ler máis