AGESTIC

Caixa Galicia

Datos de contacto

Rúa Nueva
30
15003 - A Coruña, A Coruña
Teléfono: 902 20 91 66
Web: www.caixagalicia.es/agestic
Correo electrónico:

Descripción

AGESTIC e CAIXA GALICIA desexan mellorar a súa actividade de difusión das TIC en Galicia e por medio da colaboración entre as dúas entidades poden contribuír ao obxectivo común de desenvolver o sector TIC galego, difundir a sociedade da información e, en definitiva, facer avanzar a comunidade cara aos índices de converxencia dos países máis desenvolvidos.

Por elo asinan o presente convenio cos seguintes beneficios para os seus asociados e a sociedade galega en xeral:

Servizos financeiros aos asociados de AGESTIC

Visita o espazo de AGESTIC en Caixa Galicia para consultar e aproveitar a oferta financeira especial para asociados de AGESTIC: ir ao espazo AGESTIC-Caixa Galicia

CAIXA GALICIA, a través da súa Oficina Virtual “On Caixa Galicia” e a súas delegacións físicas en Santiago de Compostela e na Coruña, os Centros On, ofrece aos asociados de AGESTIC a seguinte oferta de produtos (On cuenta nómina, On depósito 3x6, On depósito+fondo, Plan de pensiones + on depósito 4%, On hipoteca vivienda, On préstamo coche, Préstamo on personal variable) en condicións especiais.

Para que as operacións se axusten ás condicións deste convenio, deben ser solicitadas ou contratadas a través do espazo web de AGESTIC en Caixa Galicia (ligazón anterior) ou a través dos Centros On de Santiago de Compostela ou da Coruña, e en todo caso están suxeitas á aprobación previa de CAIXA GALICIA, conforme aos criterios e procedementos habituais en cada tipo de operación. Igualmente, as operacións contempladas no eido deste acordo outórganse nos correspondentes contratos e documentos que para o efecto teña establecidos CAIXA GALICIA.

CAIXA GALICIA poderá variar as condicións da mencionada Oferta en función das posibles necesidades de AGESTIC e os seus asociados, e da evolución das condicións que rexan nos mercados financeiros, sen prexuízo das operacións en vigor, actualizando previamente a información publicada na Web personalizada.

Difusión das TIC

On Caixa Galicia porá a disposición de AGESTIC para charlas divulgativas-formación, as seguintes salas :

A CORUÑA

Centro Sociocultural (Cl. Médico Rodríguez, 2-4)
Salón de Actos ITE (Rd. De Nelle, 13)
Sala de Prensa Fundación Caixa Galicia (Cl. Cantón Grande, 21-23)
Auditorio Fundación Caixa Galicia (Cl. Cantón Grande, 21-23)
Centro On (Cl. Cantón Pequeño 9-11)

FERROL

Ed. Fundación Caixa Galicia (Pz. De la Constitución, s.n. Ferrol)
Centro Sociocultural (Cl. Cantón de San Roque, 3. Betanzos)
Centro Sociocultural (Cl. Herreros, 20. Pontedeume)

SANTIAGO

Centro On Auditorio (Rúa Nova 33)
Centro On Sala Praterías (Rúa Nova 33)
Centro On Sala Fonseca (Rúa Nova 33)
Centro On Sala Mazarelos (Rúa Nova 33)
Sala de Conferencias (Cl. Carreira do Conde, 18 – bajo)

LUGO

Ed. Fundación Caixa Galicia (Pz. De Santa María, s.n.)

OURENSE

Centro Sociocultural (Cl. Juan XXIII,31)

VIGO

Centro Sociocultural (Cl. Policarpo Sanz, 21)

PONTEVEDRA

Sala de Conferencias (Pz. De San José, 3)