AGESTIC

Aviso legal

Datos da web

O presente sitio web ten un carácter meramente informativo dunha Organización Empresarial constituída legalmente ao amparo da Lei 19 de 1º de Abril de 1977, sendo o seu interese a defensa do sector TIC, a información a empresas e cidadáns da evolución da Sociedade da Información e o acceso a Internet con carácter xeneralizado, sen que constitúa o sitio Web unha plataforma comercial, dado que AGESTIC é unha entidade sen ánimo de lucro.

 

Contido do sitio web

A información incluída no sitio web, seguiu os requirimentos pedidos pola Lei, pero de ningunha forma iso implica que teña que estar necesariamente detallada, completa, exacta ou manterse actualizada, debido no seu caso ás variacións que poidan producirse na normativa, xurisprudencia ou outros documentos de interese considerados.

A utilización da información proporcionada a través deste sitio web é responsabilidade exclusiva do usuario, non sendo AGESTIC en ningún caso responsable dos erros ou omisións que puidesen existir así como da aplicación ou uso concreto que poida facerse desta.

 

Dereitos de autor e dereitos de propiedade intelectual

Creative Commons License

Os contidos que figuran neste sitio web NON están suxeitos a unha cláusula de dereitos de autor, permitindo AGESTIC a súa reprodución.

As noticias, documentos, informes, etc, non realizados por AGESTIC, son propiedade dos seus autores e rexidas segundo a política de dereitos de cada un, Agestic limítase a difundir o máis relevante do sector TIC, sempre citando as fontes, para colaborar, impulsar e facer promoción de o sector, baixo a licenza CC que lle autoriza a vostede a copiar, distribuír e comunicar publicamente a obra, sen fins comerciais nin obras derivadas, citando a fonte: AGESTIC se é o caso, ou a fonte que AGESTIC indica sempre na noticia, artigo, documento, etc...

 

Datos de carácter persoal

De conformidade co disposto na Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos, AGESTIC informa que os datos persoais facilitados a través dos formularios desta web ou mediante mensaxes de correo electrónico, serán incorporados nun ficheiro de clientes e serán tratados de xeito automatizado.

Mediante o envío dos formularios existentes nesta web, o remitente dá o seu consentimento para ser incluído no mencionado ficheiro, sendo tratados coa finalidade que se indique en cada un dos formularios e que esta detallada cando se procede á súa cumprimentación.

A finalidade do ficheiro é servir como soporte de información e á xestión da Asociación AGESTIC como entidade sen ánimo de lucro e NON constitúe ningún obxecto comercial, así como, para xestionar as solicitudes de información e trámites necesarios para manter as utilidades propias desta web.

Se o desexa, pode dirixirse por escrito a AGESTIC co fin de exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

 

Enlaces

AGESTIC, non asume ningunha responsabilidade sobre os enlaces cara outros sitios ou páxinas web que, no seu caso, puidesen incluirse neste, xa que non ten ningún tipo de control sobre estes, polo que o usuario accede baixo a súa exclusiva responsabilidade ao contido e nas condicións de uso que rexan nestes.