Ayudas para emprendedores

Axudas á reorientación e competitividade das pemes galegas. Convocatoria 2012
A Consellería de Economía e Industria vén de convocar, a través do Igape e en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para proxectos de reorientación e mellora da competitividade das pemes galegas. As liñas convocadas son as seguintes:
-IG103 (enlace externo a AGESTIC): Proxectos de investimento tecnolóxico das pemes entre 100.000 € e 500.000 € de investimento subvencionable.
-IG174 (enlace externo a AGESTIC): Proxectos de mellora das pemes do sector servizos cun investimento subvencionable superior a 30.000€ e ata 200.000€. Máis información 902 300 903
Programa Re-Acciona
O IGAPE está poñendo en marcha o programa "Re-Acciona" de prestación de servizos para a internacionalización e mellora da competitividade.
O obxectivo é facer accesibles ás PEMEs servizos de alto valor engadido orientados á adquisición de competencias por parte do capital humano da empresa, como fonte de creación de vantaxes competitivas sostibles. Para comezar esta labor, o IGAPE realizará visitas de "pre-diagnóstico" a 1.000 empresas de toda Galicia, co fin de detectar as súas necesidades reais e orientalas cara aos servizos que poidan resultarlles máis útiles.A continuación, co apoio dos mellores especialistas, ofreceranse diferentes servizos para a realización de:
a) Diagnósticos de internacionalización gratuitos para e detectar o potencial de cada peme, de cara á súa implantación nos mercados internacionais máis interesantes para a súa actividade.
b) Diagnósticos integrais de competitividade gratuitos, realizados en estreita colaboración co empresario e o equipo directivo da empresa, para involucralos no proceso de evolución, e que facilitan métodos e ferramentas para establecer a situación da empresa en 44 aspectos clave da súa xestión. Obteranse ademáis unha serie de medidas concretas e priorizadas que se poderán aplicar na empresa de forma inmediata para a mellora dos seus resultados.
c) Ata 10 tipos de servizos avanzados de competitividade a custes moi reducidos para a empresa en dúas áreas: Servizos avanzados de profesionalización:
1. Optimización financeira e mellora de circulante
2. Profesionalización da produción
3. Relanzamento comercial
4. Control de xestión / xestión por procesos
5. Imaxe e comunicación empresarial Servizos avanzados para o desenvolvemento estratéxico:
6. Construción dun proxecto de futuro e plan de mellora empresarial
7. Desenvolvemento de plans de acción
8. Plans e protocolos de empresa familiar
9. Idenficación de redes de cooperación e socios
10. Transformación radical do negocio (sobre todo en sectores maduros d) Un programa de bolseiros que integrará 100 mozos especialistas recén titulados nas empresas para reforzar a capacidade das pemes no momento de implantar as melloras mediante servizos avanzados. Deste modo os participantes neste programa terán a oportunidade de converterse en expertos, recibindo formación teórico-práctica, ao tempo que colaboran na prestación dos servizos.
Desde o 30/3/2012 xa pode pedir a súa visita de pre-diagnóstico solicitándoo no enderezo informa@igape.es
Axudas para a contratación de profesionais especialistas en internacionalización.
Ata o 15 de maio estará aberto o prazo para presentar soliticitudes de acceso ás axudas habilitadas polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para facilitar ás empresas galegas a contratación de profesionais especialistas (xestores) en internacionalización. Estas axudas, cuxas bases e convocatoria aprobáronse mediante resolución do pasado 29 de febreiro (DOG nº 49 de 9 de marzo de 2012), están dirixidas ás empresas, pemes, non pemes, asociacións e outros colectivos como consellos reguladores, de calquera sector, cun proxecto de internacionalización. Toda a información: artigo (enlace externo a AGESTIC) elaborado por CEL, Fundación CEL e Rede de Técnicos de Emprego de Galicia
Programa ICEX Next, iniciación y consolidación de las pymes españolas en el exterior
Para fomentar la iniciación y consolidación de la pequeña y mediana empresa española en el exterior, el Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX) ha puesto en marcha el nuevo plan ICEX Next. El programa, que se pondrá en funcionamiento de inmediato, ofrece una plataforma de asesoramiento y servicios muy flexibles que permiten cubrir las necesidades específicas de las empresas en función de sus actividades en el ámbito internacional.
ICEX Next tiene por objeto incrementar y mejorar el apoyo a la iniciación y la consolidación de las pymes en su apuesta por los mercados internacionales, a través de una ventanilla única, especialmente en lo que concierne al coste que exige su salida al exterior. Durante el proceso de iniciación a la internacionalización, el ICEX apoyará a las empresas en el diseño de su estrategia exterior para aumentar su competitividad. En la fase de consolidación, en destino, facilitará la diversificación de su red comercial al definir su plan de negocio en un mercado en particular, poniendo a su disposición asesoramiento específico de tipo fiscal, legal, promocional y de inteligencia competitiva, entre otros factores.
Iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT)
ORDE do 2 de marzo de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT), cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria (pdf)-enlace externo a AGESTIC para o ano 2012
Xornada sobre "Instrumentos de Financiamento para Startups Innovadoras: Capital Risco e Business Angels"
O programa - ligazón externa a AGESTIC- da Xornada sobre Instrumentos de financiamento para start-ups innovadora, que se desenvolverá o próximo 29 de setembro en Santiago, ten como obxectivo o desenvolvemento de novas empresas de base tecnolóxica.
A Consellería de Economía e Industria promove este encontro, que inclúe relatorios, mesas redondas e tempo para networking. A xornada contará coa participación do director de SeedRocket, Marek Fodor, co-fundador de Atrápalo, que ofrecerá un relatorio centrado nos aspectos a ter en conta para identificar unha boa oportunidade de investimento.Tamén participarán os promotores de WebPhone, David Bello, e Classora, Diego Cobelo.
Por outra parte, nunha mesa redonda sobre o financiamento para emprendedores e pemes innovadoras participarán o director xeral de Xesgalicia, Javier Aguilera, e o director xeral de I+D+i, Ricardo Capilla, xunto con Pedro Granado, director de relacións institucionais de Enisa, e Miguel Ángel García, do departamento de promoción da innovación do CDTI.
O encontro, organizado polo Igape e BIC Galicia no marco do programa comunitario AT-Venture, pretende facer posible que os emprendedores e empresas dispostas a poñer en marcha novos proxectos cun perfil innovador coñezan en profundidade todos os instrumentos de financiamento que existen no mercado.
Plan re-imaXina 2011
Liñas para financiar investimentos de Pemes, emprendedores ou microempresas
Facilitar ás Pemes, aos emprendedores e ás microempresas galegas o financiamento necesario para a posta en marcha dos seus proxectos de investimento, sexa para a creación de novas empresas ou para a mellora da competitividade de negocios ou sociedades xa existentes, é o obxectivo do Plan re-imaXina e das dúas liñas: Peme competitiva, Peme Xove e Microempresas, habilitadas mediante o convenio asinado polo Igape coas Sociedades de Garantía Recíproca de Galicia e as entidades financeiras colaboradoras.
IG136 - Convenio Igape-SGR-EEFF: Liña Microcrédito (enlace externo a AGESTIC)
IG137 - Convenio Igape-SGR-EEFF: Liña Peme Xove (enlace externo a AGESTIC)
IG138 - Convenio Igape-SGR-EEFF: Liña Peme Competitiva (enlace externo a AGESTIC)
Resolución DOG -pdf- (enlace externo a AGESTIC)
Máis información 902 300 903
Fonte: IGAPE
Programa de Axudas Municipais do Concello de Vigo á creación de empresas
Obxecto: Axudas a fondo perdido para subvencionar parte dos gastos da posta en marcha e do funcionamento da empresa durante os primeiros meses de actividade:
- Gastos de constitución e apertura
- Existencias iniciais de mercadorías
- Gastos de arrendamento de locais
- Subministracións e gastos correntes
- Primas de seguros
- Dereitos de propiedade industrial
Beneficiarios: Os/as empresarios/as individuais e as pequenas e medianas empresas, independentemente da súa forma xurídica, que tivesen iniciado a súa actividade empresarial entre o 1 de xuño de 2010 e o 31 de maio de 2011 (entendendo por inicio de actividade a alta no I.A.E.).
Prazo de presentación de solicitudes: Rematará o día 1 de agosto de 2011.
Máis información -pdf- (enlace externo a AGESTIC)
Fonte: UPD Coordina Local
Programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras
Obxecto: convocatoria de incentivos á contratación indefinida das persoas traballadoras coa finalidade de favorecer o emprego estable e facilitar a inserción laboral dos traballadores e das traballadoras con maiores dificultades e dos incentivos á contratación temporal coa finalidade de favorecer a inserción laboral das persoas traballadoras que presentan desvantaxes e dificultades para reincorporarse ao mercado de traballo e para fomentar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, a través dos seguintes programas.
a) Programa de fomento da contratación indefinida inicial.
b) Programa de incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos.
c) Programa de incentivos á contratación temporal.
Beneficiarios: os empregadores e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídos os autónomos, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados en Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30/09/2011 As solicitudes de axudas polas contratacións realizadas entre o 1 de xullo de 2010, ata o 28/04/2010
Máis información -pdf- enlace externo a AGESTIC
Fonte: UPD Coordina Local
Programa de fomento de iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E)
Finalidade:
Xerar emprego estable, especialmente de mozos e mulleres, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais promovidas por persoas desempregadas con especial atención aos concellos do rural galego, e as promovidas e/ou que xeren emprego para demandantes que esgotaron a prestación por desemprego.
Tipos de apoio:
- Subvención á xeración de emprego estable
- Subvención financeira
- Subvención para asistencia técnica
- Subvención para o inicio da actividade para o financiamento dos primeiros gastos da actividade.
- Subvención para a conciliación da vida profesional e persoal dos promotores.
- Incrementos dos incentivos.
Beneficiarios:
Empresas privadas calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, sociedades civís, comunidades de bens, sociedades cooperativas e sociedades laborais que cumpran as condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda e nas que concorran, na data de inicio da actividade, as seguintes circunstancias:
- que sexan empresas de nova creación
- que sexan viables técnica, económica e financeiramente
- que xeren emprego estable para persoas desempregadas
- que teñan o seu domicilio social e fiscal e o seu centro de traballo nun concello de Galicia • que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios promotores non figure ningunha persoa xurídica
- que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros e
- que como mínimo o 50 por cento do seu capital social sexa de titularidade de promotores desempregados que creen o seu propio posto de traballo na empresa.
O prazo xeral para a presentación de solicitudes finalizará o 30 de setembro de 2011. Non obstante deberán respectarse os prazos específicos establecidos para cada tipo de axuda:
- Subvención á xeración de emprego estable: 1 mes desde a data de alta na Seguridade Social.
- Subvención financeira: 1 mes desde o inicio da actividade.
- Subvención para asistencia técnica, subvención para o inicio da actividade e subvención para a conciliación da vida profesional e laboral dos promotores: no prazo xeral.
Máis información (ligazón externa a AGESTIC)
Fonte: IGAPE
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- último »

