AGESTIC

Como asociarse

Saludo de bienvenida

¿Pertences ao sector TIC?¿Estás interesad@ en ser "membro asociado" ou "socio colaborador" de AGESTIC?

Membro asociado:
cota entrada 3.000 €, cota mensual 500 € (con dereitos estatutarios)

Socio colaborador:

  • Empresa de nova creación (nos seus dous primeiros anos de actividade):sen cotas, (sen dereitos estatutarios, con información básica).
  • PEMES (hasta 25 traballadores): sen cota de entrada, cota mensual 30 € (sen dereitos estatutarios, con plenos servicios).
  • GRANDES EMPRESAS (a partir de 26 traballadores): sen cota de entrada, cota mensual 40 € (sen dereitos estatutarios, con plenos servicios)

En tres sinxelos pasos:

  1. Descarga o boletín de adhesión a AGESTIC:
  2. Cúbreo con firma e selo
  3. Envíao a tecnicos@agestic.org ou ao Fax: 982 814 297

Únete a nós e goza de todas estas VANTAXES:

  • Beneficiarse da rede colaborativa de AGESTIC, estando presente nesta web, na sección "membros asociados e colaboradores"
  • Presentación pública con apoio de AGESTIC (logo de acordo) na difusión e promoción de novos produtos e/ou servizos (talleres, charlas, xornadas,...), colaboración institucional, medios de comunicación.
  • Participación en proxectos institucionais (logo de solicitude), que só poden ser promovidos a través dunha Asociación Empresarial.
  • Descontos exclusivos en programas formativos, feiras e congresos.
  • Acceder a programas formativos exclusivos para membros asociados e colaboradores.
  • Difundir a imaxe da súa empresa, logotipo, actividade, información de produtos e/ou servizos a través de CATÁLOGO DE EMPRESAS INNOVADORAS.
  • Dar a coñecer e facer promoción de o que fai, noticias, novidades, información da súa empresa a través de REVISTA DIXITAL DE INNOVACIÓN - RedIDi-, publicando publicando artigos, colaboracións, innovacións, informes informativos de produtos...
  • Recibir información puntual de convocatorias, axudas e subvencións: ayudatic.
  • Recibir información puntual de noticias destacadas do sector tic: infotic.
  • Participar activamente e recibir o BOLETIC de AGESTIC.
  • Reforzamento do valor da súa imaxe, tanto institucional como comercial.
  • Participación na bolsa de emprego.
  • Convites a Seminarios e Xornadas Técnicas.
  • Asesoramento e apoio en xestións ante as Administracións (só membros asociados).
  • Defensa de intereses xerais en tramitacións e iniciativas lexislativas como o PEGSI.

Ser membro asociado ou socio colaborador de AGESTIC é unha decisión libre, perfectamente compatible coa participación en calquera outra Asociación ou Entidade.

Tamén se pode colaborar con AGESTIC sendo membro cooperador, patrocinador, patrocinador ou socio de mérito.

Ponte en contacto connosco mediante o formulario de contacto da web ou chamando o 982 873 903.