AGESTIC

Accións formativas do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia para o curso 2011/2012

As actividades formativas previstas pola Dirección Xeral de Formación e Colocación a través do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia teñen unha clara orientación laboral. O centro non imparte formación regrada senón formación para o emprego de carácter técnico, intensivo e especializado dirixida preferentemente aos profesionais do sector das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).

O programa previsto para o período 2011/2012 é un programa punteiro a nivel de España, tanto pola diversidade de temas a tratar como pola elevada calidade dos currículos formativos que nel se inclúen

As accións formativas, impartidas por profesorado técnico e cualificado nos últimos produtos tecnolóxicos, incorporan contidos relacionados coas principais metodoloxías e ferramentas demandadas actualmente polo mercado, tales como Oracle, LPI, Red Hat, Zentyal, Microsoft, ISTQB, Prince2, ITIL, VMware, PMI, Asterisk, Cisco, Scrum, OMG, Zend etc ...

Accións formativas máis próximas e calendario completo de cursos:

O vindeiro día 22 de setembro, de 9:30 a 13:30 horas, terá lugar no salón de actos do CNTG un seminario técnico sobre desenvolvemento de servizos web co tecnoloxía Java EE6. O seminario, cuxo prazo de inscrición estará aberto dende o 22 de agosto ata o 21 de setembro, está dirixido preferentemente a persoas con coñecementos de programación Java ou ben profesionais interesados que, coñecendo outras linguaxes de progamación, desexen saber da potencialidade e o carácter óptimo de Java no desenvolvemento de servizos web. A xornada partirá dunha introdución as características e vantaxes dos web services para, a seguir, centrarse en servizos web baseados en JAX-WS, SOAP e WSDL. A primeira parte do acto estará orientada a contidos teóricos para posteriormente amosar un exemplo de uso e aplicación dun servizo web. O relator do seminario será Carlos Zárate, instrutor de Oracle University e especialista en desenvolvemento de aplicacións SOA e BPM. O acceso, previa inscripción a realizar en liña a través do portal web do CNTG, enlace externo a AGESTIC,é de balde e condicionado ao aforo do local. 

Xa está aberto, ata o día 13 de setembro, o prazo de inscrición para anotarse ao curso de “Configuración de servizos de seguridade corporativa para contornas Linux e Microsoft” que comezará o luns 26 de setembro. Para máis información ou inscrición na acción formativa siga a seguinte ligazón: http://cntg.xunta.es/web/cnt/formacion

O próximo 27 de setembro terá lugar nas instalacións do CNTG un Technet Microsoft orientado a cloud services e Windows Azure. Para anotarse a este evento prema na seguinte ligazón: https://msevents.microsoft.com/cui/EventDetail.aspx?EventID=1032490584&culture=es-ES

Ver tódalas accións formativas do curso 2011/2012 - pdf - (enlace externo a AGESTIC)