AGESTIC

A Amtega pon en marcha unha campaña de participación social para elaborar a Axenda Dixital de Galicia 2020

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) inicia hoxe a campaña para recoller as ideas e suxestións de toda a sociedade galega no proceso de elaboración da Axenda Dixital de Galicia 2020, aprobado no último Consello da Xunta.

A definición da nova estratexia tecnolóxica do Goberno galego baséase nun modelo de intelixencia colectiva que busca a participación de institucións, axentes económicos, sociais e de todos os colectivos que integran a sociedade galega. Así o explicou esta mañá a directora da Amtega, Mar Pereira, durante a presentación da campaña e dos últimos datos sobre a situación da Sociedade da Información en Galicia.

Cinco Desafíos

A responsable da área tecnolóxica da Xunta indicou que a campaña busca acadar a colaboración de todos os colectivos e axentes sociais na identificación e resolución dos desafíos dixitais aos que se enfronta Galicia de cara ao horizonte 2020

. A campaña establece dous tipos de actuacións, as dirixidas a expertos, institucións e á propia administración, cuxas achegas se recompilarán a través de entrevistas, xornadas de traballo e envío de formularios; e a destinada a axentes sociais, económicos e colectivos sociais. Esta última articúlase desde o blog.adg2020.es, desde o que se formularán cinco desafíos sobre qué medidas ou solucións TIC poderían contribuír a mellorar cinco ámbitos: cidadanía, servizos públicos, empresas, educación e sectores primarios...

Fonte: Xunta de Galicia Ler máis