AGESTIC

Apoio ao financiamento de proxectos individuais e os colaborativos de innovación tecnolóxica (proxectos CIT)

Prazo de presentación: 18/04/2012 - 17/05/2012

O obxecto das subvencións reguladas nestas bases é fomentar a innovación empresarial para aumentar a competitividade das empresas galegas industriais e de servizos. Trátase de impulsar non só as innovacións tecnolóxicas de proceso ou produto senón tamén a implantación de técnicas de xestión da produción, técnicas de márketing ou técnicas loxísticas desde unha perspectiva de innovación aberta onde combinar o coñecemento interno co externo (liña 5.2.1 do Plan I2C). Procurarase a estimulación da innovación aberta dentro do tecido empresarial galego mediante as dinámicas de colaboración nas empresas, co obxectivo de aumentar a súa competitividade activando a valorización do coñecemento e optimizando os investimentos. Estas subvencións destinaranse á realización dos proxectos de innovación empresarial dentro das seguintes modalidades:

Innovacións para a xestión:

a) Innovación de organización da produción. Implantación de técnicas de xestión da produción relacionadas co deseño, industrialización e fabricación de produtos. A innovación en materia de organización debe sempre gardar relación co uso e explotación de tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) co fin de introducir cambios na organización.

b) Innovación de márketing. Implantación de técnicas de márketing destinadas a mellorar a capacidade da empresa nos eidos da distribución, adaptación ao cliente e servizo posvenda. Innovación de loxística.

Implantación de técnicas de xestión loxística orientadas a:

-Elaboración de plans loxísticos en que se faga unha análise integral dos procesos.

-A mellora da organización e utilización dos sistemas de información e das tecnoloxías de comunicación en toda a cadea.

- A xestión do fluxo dos bens e produtos rexeitados polo mercado destinados ao procesamento, reciclaxe, reutilización ou destrución.

- Xestión da rastrexabilidade do produto ata a entrega ao cliente final.

Innovacións tecnolóxicas de proceso ou produto.

a) Innovación de proceso. Implantación de sistemas ou métodos de produción que sexan novos ou significativamente mellorados respecto dos existentes, ou que estean vinculados coa obtención directa ou lanzamento e posta no mercado de produtos ou servizos novos ou moi mellorados.

b) Innovación de produto. Introdución dun ben ou dun servizo novo, ou significativamente mellorado, en canto as súas características ou en canto ao uso ao que se destina.

Beneficiarios:

- As empresas de carácter privado con personalidade xurídica que estean validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes e que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia onde realicen as actividades susceptibles de obteren axuda.

- As agrupacións de empresas privadas

Toda a información