AGESTIC

Apoio á preparación de propostas de proxectos que se vaian presentar a convocatorias estatais e internacionais

ORDE do 11 de abril de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o apoio ao crecemento empresarial mediante o fomento da investigación e a innovación empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012 (códigos de procedemento IN841A, IN841B e IN841C).

As actuacións subvencionables deben estar comprendidas nunhas das seguintes categorías:

a) Presentación de propostas de proxectos de I+D a programas do Plan Nacional, tanto individuais como en cooperación.

b) Presentación de propostas de proxectos de I+D a programas internacionais en cooperación, en particular VII Programa Cadro, Programa CIP e proxectos bilaterais e multilaterais de CDTI, que serán, en todos os casos, desenvolvidos principalmente no ámbito territorial de Galicia.

Beneficiarios: As empresas de carácter privado con personalidade xurídica que estean validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes e que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, onde desenvolverán os proxectos para os cales se solicita a axuda.

Toda a información