AGESTIC

Axudas para estadías en centros de investigación e innovación de fóra de Galicia no ano 2014

investigador

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) vén de convocar a través do Diario Oficial de Galicia do venres 21 de febreiro as axudas para a realización de estadías (pdf) durante o ano 2014 por parte de persoal investigador e técnico dos centros tecnolóxicos e dos organismos públicos de investigación radicados en Galicia, agás os que pertenzan ao Sistema Universitario de Galicia.

O obxectivo desta convocatoria é mellorar a formación do persoal destes centros fomentando a súa mobilidade, a través do financiamento de estadías en centros de investigación e innovación de fóra de Galicia que lles permitan aprender novas técnicas, entrar en contacto cun ambiente de investigación e innovación diferente e incrementar os seus contactos neste ámbito.

O importe da axuda comprende dous conceptos: por un lado, unha axuda institucional para afrontar os custos de desprazamento e o seguro combinado de accidentes e, por outro lado, unha asignación mensual. A contía das axudas depende do destino da estadía, segundo se realice en España, Portugal e Andorra; no resto de Europa; ou no resto do mundo.

O prazo para a presentación de solicitudes pecha o 21 de marzo de 2014. GAIN pon á túa disposición un correo electrónico, gain@xunta.es, e un teléfono, 981 54 10 75, para atender as túas consultas.