AGESTIC

Axudas para o fomento da competitividade de sectores estratéxicos industriais para 2012-2015.

Axudas para a realización de actuacións no marco da política pública para o fomento da competitividade de sectores estratéxicos industriais para o período 2012-2015.

Obxecto: Actuacións, de entre as descritas no apartado sexto, que formando parte de plans de competitividade empresarial, sexan presentadas por entidades que reúnan a condición de beneficiario e que pertenzan a algún dos seguintes sectores estratéxicos industriais:

a) Sector de bens de equipo (eléctrico-electrónico, telecomunicacións, mecánico, etc.).

b) Sector químico e farmacéutico.

c) Sector metalúrxico e siderúrxico.

d) Fabricación de produtos metálicos e fabricación doutros produtos minerais non metálicos.

e) Sector ferroviario.

f) Sector de automoción.

g) Sector aeroespacial.

Beneficiarios: Para os efectos desta orde terán a condición de beneficiario:

a) Empresas: Entidade privada, calquera que sexa a súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica, que estea validamente constituída no momento de presentar a solicitude de axuda, e que pertenza aos sectores estratéxicos industriais que se especifiquen nas correspondentes convocatorias, segundo o establecido no apartado segundo desta orde. Dentro do concepto empresa diferéncianse as pequenas e medianas empresas, que á súa vez se definen e subdividen segundo se indica a continuación:

Pequena e mediana empresa (PEME): De acordo co establecido no anexo I do Regulamento (CE) número 800/2008 da Comisión, do 6 de agosto de 2008, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías), publicado no Diario Oficial da Unión Europea L 214, do 9 de agosto de 2008, entenderase por tales, as empresas que cumpran os seguintes requisitos:

1. º Que empreguen a menos de 250 persoas.

2. º Que o seu volume de negocio anual non exceda de 50 millóns de euros, ou o seu balance xeral anual non exceda de 43 millóns de euros.

3. º Que o cómputo dos efectivos e límites no caso de empresas asociadas se efectúe como dispoñen os apartados 2 e 3 do artigo 6 do anexo I do Regulamento (CE) número 800/2008 da Comisión. Na categoría PEME defínese a unha pequena empresa como unha empresa que ocupa a menos de 50 persoas e cuxo volume de negocio anual, ou cuxo balance xeral anual, non supera os 10 millóns de euros, computándose os límites de acordo co anexo I do Regulamento (CE) número 800/2008 da Comisión.

b) Centros técnicos, con personalidade xurídica propia, dependentes de empresas que cumpran os requisitos establecidos no punto a) anterior.

c) Agrupacións de interese económico (AIE), formadas por empresas que cumpran os requisitos establecidos no punto a) anterior.

2. Conforme ao artigo 11.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións, cando o beneficiario sexa unha persoa xurídica, tamén poderán recibir a consideración de beneficiario os membros asociados deste que se comprometan a efectuar a totalidade ou parte das actividades que fundamentan a concesión da axuda en nome e por conta deste. Considéranse membros asociados aqueles entre os que exista unha relación ou vínculo de carácter xurídico non contractual, que se encontre recollido nos seus estatutos, en escritura pública ou en documento análogo de fundación ou constitución. Nas resolucións de convocatoria regularanse os requisitos e características especiais que deban cumprir este tipo de beneficiarios e a importancia relativa da actuación que poidan realizar.

Prazo de presentación de solicitudes:O prazo de presentación de solicitudes será ata o 3 de outubro.

Fonte: UPD Coordina Local